Coñece Galicia con outro ollar

Guía Oficial de Galicia, Técnico Superior de GIAT, Arqueólogo, Historiador e Especialista na Investigación nas Ciencias Sociais. Visitas en Galego, Portugués e Castelán. 


Guía de Turismo de Galicia GT-838-XG

A Lenda do Pieiro.

O Pieiro é unha personaxe lendario da Serra do Suído (berce da miña familia) a cabalo entre a realidade e a ficción, guiaba aos lobos pola serra e axudábaos a fuxir das trampas da xente. Tamén elexía ao gando que os lobos tiñan que atacar segundo como se portaran os seus posuidores. Era unha figura misteriosa que vivía nas lindes de dous mundos o natural e o humano. Esta persoa era criada coma un lobeto máis. É capaz de comunicarse tanto cos lobos coma cos humanos. Algunhas versións da historia din que tamén era capaz de mudar en lobo ao seu antollo ( independentemente da lúa chea).


Ernesto Muleiro Pontes

Formeime en varias disciplinas relacionadas coas Ciencias Sociais: Historia, Arqueoloxía, Antropoloxía e Turismo. Son unha persoa que está constantemente en contacto coa natureza e que lle gusta moito a lectura e aprender cousas novas. Estou actualizando e revisando os meus coñecemento constantemente.

Teño horta propia e estou en contacto coa terra e os seus ciclos, micólogo afeccionado, etnógrafo de vocación e Pieiro de espírito. Son apaixonado do mundo rural e da súa Historia (non so académica tamén ao pé da lareira). 

Son escritor e creador audiovisual afeccionado, con pequenas obriñas que poderedes ver nun futuro...

Todas estas formacións formais, de berce e de lecer utilízoas para darlle un maior contido e dinamismo as miñas visitas. Tamén aportan paixón, parte dá miña vida e experiencia.